Entradas

PASEO POLA CONTORNA

Imagen
 Os rapaces e rapazas de infantil gozaron dun bonito paseo pola contorna e aproveitaron para encher as súas cestas de follas,castañas,ourizos e landras.

CON CIENCIAS CREATIVAS

Imagen
Hoxe tivemos a visita  de Miguel, profesor e investigador da universidade. Charlou co alumnado de 5º e 6º sobre nanobioloxía e o CINBIO.  

IMAXINANDO A RÚA

Imagen
 O alumnado do cole participa este ano na VIII Intervención artística "Imaxinando a rúa" de APAM.  O traballo do alumnado pódese ver o próximo día 20 na rúa Pincipe. Esperámosvos!!!

GALICIA SABE A MAR!!!

Imagen
 Hoxe visitounos unha fooddtrack  para falarnos dos produtos da nosa terra e degustar o seguinte menú: Croquetas de choco. Mexillóns con fabas de Lourenza. Patata frita de arroz con bonito de Burela. Estaba todo riquísimo!!!

ÚLTIMO OBRADOIRO CON XARUMA

Imagen
Última sesión de horto escolar da man de Xaruma . Aproveitando que as aromáticas estaban moi crecidas fixemos feixespara deixalos secar e así podelos utilizar o próximo ano. Recollemos as leitugas oara facer unha ensalada e o resto da produción repartímola entre o alumnado.  

VISITA AO XACEMENTO ARQUEOLÓXICO DE TORALLA

Imagen
  O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º visitaron o Xacemento Arqueolóxico de Toralla. Trátase de residencias unifamiliares dotadas, na súa Pars Urbana ou doméstica, de elementos de luxo e prestixio que nos permiten facernos unha idea clara achega do elevado status socioeconómico do que gozaban os seus propietarios. Pero estas Villae non só eran grandes e luxosas residencias da elite Galaico-romana do momento, senón que xogan un papel capital na explotación dos recursos económicos do territorio. Todo parece indicarnos que o seu parte produtiva centrouse no gran negocio do Vigo Romano: a obtención de sal e a conserva do peixe en salgaduras para a súa comercialización.

TALLER DE FILLOAS

Imagen
Os nosos avós da Asociación O Coto ensináronnos a cociñar este postre tradicional do entroido galego. Pasamos unha mañá estupenda. Moitas grazas por compartir a sabiduria da cociña tradicional!!!